O concurso consiste no deseño dos personaxes animados, "Sambo e Lima" a partir da seguinte microhistoria:
É a primeira vez que pisa este planeta, non parece que haxa ningún perigo preto, pero Sambo sempre está alerta. Como bo explorador da galaxia junior, sabe que, en calquera momento pode haber sorpresas... desagradables. Un ruído xusto detrás del faille virarse de súpeto. A o desenfundar o seu "blastinador sónico" tropeza torpemente. Levouse un bo susto este mozo explorador e caeu xusto fronte dunha criatura que lle mira medio burlona, Lima. El non o sabe, pero será a súa compañeira inseparable durante toda a súa carreira como explorador da galaxia.
A participación no Concurso Xuvenil de Deseño de personaxes é gratuita e a inscripción está aberta para todo o alumnado entre 12 e 18 anos. Cada alumno/a poderá presentar tantos deseños como desexe.
Os alumnos e as alumnas cuxos deseños de personaxes de "Sambo e Lima" resulten seleccionados como finalistas participarán nun completo Obradoiro de Creación de Personaxes a cargo de Marcos Raya, prestixioso deseñador de personaxes, que terá lugar o día 5 de xullo de 2023 na Coruña.
Marcos Raya é un artista multidisciplinar que combina o rol de diseñador de personaxes (chacarter designer) e concept artist coa súa faceta de mestre, mentor e divulgador á vez que dirixe a súa propia compañía, a web e academia DibujarBien.com. O seu palmarés inclúe traballos para algunhas das máis importantes compañías de entretemento do mundo, Playstation, Xbox, Nintendo, Nickelodeon ou Disney entre outras.
Marcos Raya Delgado é o primeiro concept artist español cunha canle de YouTube e a súa web foi visitada por máis de 3 millones de persoas para aprender a debuxar.
A inscrición realizarase enviando o deseño de personaxes de "Sambo e Lima" xunto coa folla de inscrición debidamente cuberta. Aceptaránse deseños de personaxes realizados utilizando calquera técnica artística e calquera material (lápis de cores, rotuladores, pastel, tempera, collage, etc.) en calquera formato ou soporte (papel, cartón, dixital, etc.)
O deseño de personaxes e a folla de inscripción poderán enviarse por calquera dos seguintes medios:
- En formato dixital a info@mundosdigitales.org
- En formato papel por correo postal ao seguinte enderezo: Concurso Xuvenil de deseño de personajes – Mundos Digitales Rúa Sor Joaquina 4 bajo, Izq. 15011, A Coruña
Os deseños de personaxes do estudantado poderán ser presentados polo seu centro educativo ou profesor/a conxuntamente por calquera dos medios expostos anteriormente. O prazo de presentación de deseños de personaxes finalizará o domingo, 2 de xullo de 2023.
Entre os deseños de personaxes presentados a concurso valoraránse, entre outros, os seguintes aspectos:
O xurado estará composto por Marcos Raya, un representante da Deputación da Coruña e un representante de Mundos Digitales Transmedia S.L..
As persoas finalistas daranse a coñecer a partir do 3 de xullo de 2023.
As obras e deseños presentados o concurso, así coma calquera outra que poidan realizar durante la celebración del Obradoiro de Creación de Personajes incluiranse na base de datos da Deputación da Coruña e Mundos Digitales, coa posibilidade de ser exhibidas, completamente ou en parte, como material divulgativo do evento e outros eventos similares, ou en actividades paralelas e con fins no comerciais.
A participación no Concurso Xuvenil de Deseño de Personaxes supón a total aceptación destas bases.
De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, informase que os datos personais das persoas inscritas a este concurso serán tratados por MUNDOS DIGITALES TRANSMEDIA, S.L., coa finalidade de xestionar a participación neste concurso, así como para a aceptación e xestión do premio.
As persoas participantes poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidad de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, perante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada, ou por correo electrónico a info@mundosdigitales.org, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente, ou directamente perante o delegado de protección de datos.
Os datos facilitados serán tratados pola Deputación coa finalidade de tramitar este concurso e están protexidos pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. O responsable do tratamento dos datos é a Deputación Provincial da Coruña e o encargado será a empresa contratada pola Deputación provincial para coordinar o premio, neste caso MUNDOS DIGITALES TRANSMEDIA, S.L., . A lexitimación para o tratamento dos datos persoais contidos nesta solicitude é o cumprimento dunha misión de interese público.
Participando no presente concurso e aceptar estas bases, as persoas participantes e os seus representantes legais ceden a MUNDOS DIGITALES TRANSMEDIA S.L. de xeito expreso e definitivo no formulario de inscripción, todos os dereitos de propiedade intelectual da obra presentada a concurso, así como os de explotación do deseño obxeto de este concurso.
En concreto, para esta finalidade cédense os dereitos de explotación, en especial comunicación pública, distribución e reproducción. Todos estes dereitos poderán ser utilizados baixo calquera formato publicitario de MUNDOS DIGITALES TRANSMEDIA S.L. e da Deputación Provincial da Coruña, así como en calquera medio de comunicación, tanto en medios televisivos, Internet, medios analóxicos e dixitais, ou en calquera medio de difusión escrita, sen contraprestación ningunha.
Mundos Digitales resérvase o dereito de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar este concurso ou o premio. As posibles modificacións, publicaranse en www.mundosdigitales.org e/ou se informará a través da canle sinalada ao efecto polas persoas participantes.